viernes, 28 de noviembre de 2025

 

RECREO DE TALENTOS: KATAS E BOXEO

 

No día de hoxe, no recro de talentos, contamos coas alumnas Cloe, de 2ºB de EP, e Aroa, de 5ºD de EP.

Cloe falounos das katas, as cales son secuencias coregrafiadas de movementos de combate en artes marciais, que simulan enfrontamentos contra oponentes imaxinarios. Fíxonos demostración de varios destes movementos.


 


 


 

 

Así mesmo, Aroa falounos sobre o boxeo, o cal é un deporte de contacto, no que dúas persoas loitan entre si, utilizando como protección unhas luvas e un casco.

Ao igual que Cloe, Aroa realizou unha demostración sobre movementos de ataque e de protección.

 




 

O numeroso público asistente animouse para participar e realizar a secuencia tanto de katas, como de movementos esenciais de boxeo.

 


 

MOITAS GRAZAS, CLOE E AROA!

O polbo Tintón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

  TORNEO DE XADREZ No día de onte, luns 1 de decembro de 2025, deu comezo o 1º torneo de xadrez do noso centro educativ...