martes, 13 de enero de 2026

 

RECREOS: TALENTOS E EXPERTOS

 RECREO DE TALENTOS: PIANO

 

No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con Chanel, Aisha e Violeta, alumnas de 2º de EP, as cales nos deleitaron cunha coreografía da canción “Golden”, tan de moda grazas ao grupo de KPop Demon Hunters.

Pasámolo xenial véndovos bailar! Fixéstelo sensacional!

 


 


 

MOITAS GRAZAS, CHANEL, AISHA E VIOLETA!

O polbo Tintón.

 

 

RECREO DE EXPERTOS: ALFABETO ÁRABE

Ademais, tamén contamos co alumno de 3ºB de EP, Abdul - Ala, o cal nos contou características do idioma árabe, así como curiosidades do mesmo.

Despois, ensinounos un cartel feito por el, onde se podían ver cada unha das letras do abecedario árabe, para que os compañeiros/as alí presentes puidesen escribir o seu nome.




Debido á gran cantidade de alumnado que acudiu a este taller, non nos deu tempo a rematar hoxe, seguiremos no recreo de mañá. Contamos convosco!

 

 

MOITAS GRAZAS, ABDUL-ALA!

O polbo Tintón.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

  RECREOS: TALENTOS E EXPERTOS  RECREO DE TALENTOS: PIANO   No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con C...