RECREO DE TALENTOS: CONTACONTOS
No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con tres alumnas de 6ºC de EP: Claudia, Renata e Paula.
Deleitáonos cun contacontos sobre un relato creado por elas mesmas. En dito conto, as protagonistas creaban unha máquina para viaxar no tempo, porque querían coñecer a Marie Curie, a gran física e química.
Foi un relato cheo de grandes toques de humor, debido ao que lle ía acontecendo ás protagonistas.
Así mesmo, Claudia, Renata e Paula entonaron o conto de forma sensacional! Noraboa, rapazas!
Deixaron o relato na biblioteca para que poidades consultalo e desfrutar del.
MOITAS GRAZAS, CLAUDIA, RENATA e PAULA!
O polbo Tintón.


