martes, 24 de febrero de 2026

 

RECREO DE EXPERTOS: A QUEN ADMIRO E FÍSICA E QUÍMICA

Hoxe, contamos con dúas grandes presentacións e exposicións por parte dos irmáns Nieto Ures.

Nun primeiro momento, Sabela, alumna de 5ºA de EP, presentounos a persoa que ela admira: Pepa, a Loba. Pepa foi unha bandoleira que se converteu en lenda, co paso dos anos, a raíz das fazañas conseguidas por esta muller.

Sabela contounos os datos máis importantes e interesantes de Pepa, desde o nacemento ata a súa morte.

Para rematar, realizou un “quiz”, tipo trivial, con preguntas e respostas pechadas sobre a biografía de Pepa.

Quedamos todos abraiados coa figura desta muller, xa que a gran maioría do público asistente non a coñecía. Encantounos a todos/as! Grazas, Sabela!





Nun segundo momento, Xan, alumno de 5ºC de EP, desenvolveu unha presentación sobre Física e Química, falándonos e explicándonos, de forma clara, conceptos e contidos, como:

-       Que é a física.

-       A figura de Newton.

-       As 3 leis de Newton.

-       Elementos químicos.

-       A táboa periódica.

-       O gato de Schrödinger.

Como non lle deu tempo a rematar toda a exposición, Xan continuará no recreo de mañá. Contamos convosco!

 

 





 

 

MOITAS GRAZAS, SABELA e XAN!

O polbo Tintón.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

  ACTIVIDADES REALIZADAS DO PROXECTO DE CENTRO: “CÓNTAME UN CONTO” – 2º TRIMESTRE Boa tarde, cativiños e cativiñas!   Como ben sabedes...