viernes, 20 de febrero de 2026

 

RECREO DE TALENTOS: VIOLÍN E GUITARRA ELÉCTRICA

No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con dúas grandes actuacións.

Nun primeiro momento, actuou Emma, alumna de 4ºA de EP, tocando dúas pezas co seu violín. Emma leva 2 anos tocando este instrumento e mostrou ser unha gran violinista. Quedamos todos marabillados!




Logo, Mateo, alumno de 2ºC, deleitou ao público tocando unha peza musical coa súa guitarra eléctrica. Aínda que leva pouco tempo tocando este instrumento, ten unha gran destreza co mesmo.



Noraboa aos dous participantes de hoxe por agasallarnos cunhas grandísimas actuacións! Esperamos vervos de volta pronto!

 

MOITAS GRAZAS, EMMA E MATEO!

O polbo Tintón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

  RECREO DE TALENTOS: VIOLÍN E GUITARRA ELÉCTRICA No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con dúas grandes a...