RECREO DE TALENTOS: BAILE GALEGO E PANDEIRETA
Este pasado venres, no recreo de talentos, contamos con dous grupos.
Nun primeiro momento, as alumnas Julia e Iria, de 3ºC de EP, mostráronos algún dos pasos e movementos básicos do noso baile tradicional, o baile galego (clica na imaxe para ver o vídeo).
Despois delas, deleitáronos cuns novos movementos as alumnas Ana e Lúa, de 2ºB de EP (clica na imaxe para ver o vídeo).
Nun momento dado, o público asistente animouse a replicar algún dos pasos (clica na imaxe para ver o vídeo).
A continuación, contamos con Nerea, de 5ºB de EP, e Noa, de 5ºC de EP, as cales nos agasallaron coas súas fermosas voces e o seu talento coa pandeireta.
Veaquí as podedes ver e desfrutar das súas grandes actuacións, clicando nas imaxes:
É formidable ver que as novas xeracións aprenden as nosas tradicións e costumes para seguir dándolles vida nun futuro.
MOITAS GRAZAS, JULIA, IRIA, ANA, LÚA, NEREA E NOA!
O polbo Tintón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario