domingo, 17 de marzo de 2024

 CLUB DE LECTURA

O luns 11 de marzo tivo lugar a segunda sesión do club de lectura "O océano dos libros". O alumnado que forma parte do mesmo leu a obra "Microalgas". O obxectivo desta sesión foi a análise posterior á lectura. Para iso as mestras encargadas de dinamizar o club, María e Yolanda, elaboraron un Kahoot con diversas cuestións en relación a esta obra.






















Posteriormente as nenas e nenos falaron da propia experiencia da lectura; coincidiron en que lles agradou moito, así como  que ao rematar o libro quedaron con gañas de continuar esta aventura e mergullarse na segunda e terceira parte desta banda deseñada. Xa que na bilioteca de Tintón contamos con exemplares da continuación desta obra de Xulia Pisón, o alumnado do club de lectura pode seguir gozando destas lecturas que tanto interese espertaron.


Ao longo da sesión tamén houbo tempo para ver outras obras relacionadas coa temática que trata "Microalgas", así como para centrarse en aspectos máis concretos como a análise das personaxes que aparecen no libro.





martes, 5 de marzo de 2024

RECREO DE TALENTOS: REGUEIFA.

No recreo do primeiro venres do mes de marzo o alumnado que se achegou á biblioteca de Tintón durante o recreo puido gozar do talento de Diego e Tirso, alumnos de 5º de Educación Primaria. Estes nenos amosaron unha enorme imaxinación e capacidade de improvisación á hora de crear algo tan vencellado á comarca de Bergantiños como é a regueifa. O público asistente tamén participou ofrecendo palabras para que Tirso e Diego fosen creando versos da regueifa. 

No vídeo que aparece a continuación podedes apreciar todo o talento destes dous alumnos do noso centro.






RECREO DE EXPERTOS/AS: DEBUXO DE BANDA DESEÑADA.

Na biblioteca de Tintón seguen os recreos de expertos/as e neste primeiro martes de marzo o alumnado puido coñecer técnicas para facer debuxo de banda deseñada, concretamente do xénero manga. O alumno encargado de impartir o obradoiro foi Fran, de 6º de Educación Primaria.


 

Na foto da parte superior podemos ver todo o material preparado para o obradoiro de debuxo.














Nestas tres fotos podemos observar o desenvolvemento do obradoiro.




martes, 27 de febrero de 2024

 RECREO DE EXPERTOS/AS: XADREZ

O mes de febreiro estivo cheo de recreos súper entretidos e diferentes na biblioteca de Tintón, a través das propostas "Recreos de talentos" e "Recreos de expertos/as".
Hoxe tivo lugar o último recreo de expertos/as do mes da man de dous alumnos de 5º de Educación Primaria: Aron e Manuel, que fixeron un obradoiro de iniciación ao xadrez.
O alumnado asistente tivo a oportunidade de coñecer os conceptos básicos deste xogo de estratexia da man de dous xogadores expertos como son Manuel e Aron.


































RECREO DE TALENTOS: BAILE

Seguimos gozando do talento dos nosos nenos e nenas; nesta ocasión alumado de 4º e 5º de Educación Primaria ofreceunos un espectáculo de baile, tanto en modalidade individual como en equipo.




Nestas fotos vemos ao público asistente á exhibición de baile, a cal se realizou durante o recreo.

Nos vídeos que aparecen a continuación  Katya, Pedro, Ainara, Paula, Ana e Aitana poñen en marcha diferentes coreografías.








domingo, 25 de febrero de 2024

 RECREO DE TALENTOS: CANTAREIRAS

Este venres estivemos de estrea de recreos de talentos. As alumnas de 5º de EP Lucía e Iria ofreceron un concerto de pandereita e canto na biblioteca do centro.



Coincidindo coa conmemoración do Día de Rosalía, Iria e Lucía interpretaron o poema "Adios ríos, adiós fontes"  tocando coa pandeireta unha peza creada por elas mesmas para a ocasión, tal e como explican no vídeo que aparece a continuación.


O alumnado máis cativo da escola tamén puido gozar do enorme talento destas nenas, pois Iria e Lucía desprazáronse ata o edificio de Educación Infantil para  interpretar unhas pezas. Alí, ademais de entusiasmar aos pequenos e ás mestras,  tiveron a oportunidade de pasar un ratiño coa súa antiga titora de E.I.











            Iria e Lucía con Vanesa, a súa 
            titora da etapa de Educación
            Infantil








    🎵🎶🎼🎶🎵🎼🎶


















VOLUNTARIADO LECTOR



Este  xoves  púxose en marcha outra das actividades da nosa biblioteca: o voluntariado de lectura. A través desta proposta o alumnado das etapas de Educación Infantil e Educación Primaria compartiron tempo e experiencias a través da lectura. A rapazada de 5º e 6º de E.P. preparou varias lecturas para os nenos e nenas de E.I. e tamén do 1º curso de E.P. Tamén deu tempo a realizar algunha actividade tras a lectura. Nos vídeos que tedes a continuación podedes ver un resumo desta actividade.










  CLUBS DE LECTURA Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns ...