sábado, 16 de noviembre de 2024

TINTÓN VIAXEIRO: MELGA.

Esta semana Tintón estivo de sorte pois, despois de ir á Coruña, este venres foi de novo de viaxe. Nesta ocasión acompañou ao profesorado e alumnado de 3º de EP a Ponteceso para visitar o MELGA (Museo Etnolóxico do Xogo e do Deporte).







RECREO DE TALENTOS: MAXIA

Este venres retomamos outra das modalidades de recreos que tanto están gustando aos nenos e nenas: os recreos de talentos.

Nesta ocasión contamos cun espectáculo de maxia da man de alumnado de Educación Primaria: Omar, Yerai, Kai, Ana e Martiño.



Para a realización dos trucos de maxia contaron con voluntarios entre o público asistente.



O espectáculo foi todo un éxito e algúns nenos e nenas do público tamén se animaron a probar as súas dotes no mundo da maxia.






miércoles, 13 de noviembre de 2024

POLBO TINTÓN VIAXEIRO: MUNCYT

Este curso desde o equipo de biblioteca estamos animando á comunidade educativa a levar ao polbo Tintón ás diferentes saídas que temos programadas. Nunha entrada anterior xa vistes que Tintón foi de visita á residencia Domus Vi de Carballo, pero hoxe viaxou un pouco máis lonxe: ao MUNCYT da Coruña xunto co alumnado e o profesorado de 4º de Educación Primaria. 

Moitas grazas pola viaxe!










 

RECREO DE EXPERTOS/AS: XADREZ

Na biblioteca do polbo tintón estamos de volta cunha das iniciativas que tanto éxito tivo o pasado curso: os recreos de expertos/as e talentos. 

Este martes Thiago e Hugo, de 2º de Educación Primaria fixeron o primeiro dos recreos de expertos sobre o xadrez. 


Explicaron aos nenos e nenas que acudiron a este recreo a colocación das pezas e as regras básicas do xogo (os movementos de cada peza), tal e como se amosa nestes vídeos.



A continuación xogaron unha partida e despois os nenos e nenas que estiveron atendendo ás explicacións detes expertos tamén se animaron a probar.














VOLUNTARIADO LECTOR: VISITA Á RESIDENCIA DOMUS VI.

Este luns o alumnado de voluntariado de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha visita á RESIDENCIA DOMUS VI de Carballo.

Como podedes aprezar na foto, o polbo Tintón acompañou ás nenas e nenos a esta visita. O primeiro que fixeron foron as presentacións, tanto do noso alumnado como das persoas usuarias. A continuación os nenos e nenas léronlles o conto "Uxía e o mar". Dada a temática mariñeira da lectura, seguidamente maiores e pequenos fixeron barcos de papel (os cales quedaron na residencia para unha actividade que se fará co noso centro).

Antes de regresar para o colexio tiveron ocasión de escoitar unha canción que cantou unha usuaria con acompañamento de guitarra, así como degustar unha merenda.

Desde aquí dámoslle as grazas ao persoal e ás persoas usuarias da residencia pola boa acollida que nos brindaron, así como por seguir colaborando connosco neste tipo de iniciativas. No vídeo que aparece a continuación tedes imaxes de todo isto que vos acabamos de contar.






CONCURSO DE CONTOS DE NADAL


Radio Voz e La Voz de Galicia organizan un concurso de contos de Nadal dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. Desde a biblioteca do polbo Tintón animámosvos a participar! A data límite é o 20 de novembro e os contos entréganse na biblioteca do noso centro (pode facerse durante o recreo ou pola tarde, de martes a venres en horario de 16.00 a 18.00). En caso de entregalos en formato dixital podedes facelo no enderezo electrónico da nosa biblioteca: bibliotecadopolbotinton@gmail.com 

Na seguinte imaxe tedes as bases do concurso:





sábado, 9 de noviembre de 2024

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: VISITA Á BIBLIOTECA DO ALUMNADO DE LENDA EDUCATIVA.

Este venres varios alumnos e alumnas do Centro de Educación Especial LENDA EDUCATIVA visitaron a biblioteca do Polbo Tintón. Foron recibidos por estes nenos e nenas do noso centro de 5º e 6º de E.P., que participan no Voluntariado de Biblioteca: Daniela, Elena, Samara, Helena, Iria, Pape, Irene, Olivia, Aritz e Mara.

A visita comezou na biblioteca, onde o noso alumnado lles amosou este espazo ás nenas e nenos de Lenda Educativa. Tamén lles explicaron o proxecto sobre o que estamos a traballar este curso (Xulio Verne) e presentáronlles ao Polbo Tintón.

A continuación realizaron unha actividade co conto "Ratos na escola". O alumando do noso centro leulles esta historia e, a medida que ían lendo, aparecían pistas para atopar uns ratiños polo centro. Unha vez tiveron as pistas foron por distintos espazos da escola para atopar todos os ratos. Estes ratos levounos o alumnado de Lenda Educativa para o seu centro coa idea de facer alí outra actividade cando o noso alumnado visite a súa escola.

A visita rematou cunha doazón de libros da nosa biblioteca para o centro dos nenos e nenas que nos viñeron visitar. 




  CLUBS DE LECTURA Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns ...