lunes, 25 de noviembre de 2024

CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA.

Hoxe temos unha novidade que nos fai especial ilusión comunicarvos: a posta en marcha dun proxecto en colaboración coa biblioteca do CEIP Fogar de Carballo. En primeiro lugar queremos presentarvos ao rato Biblio, que é a mascota da biblioteca do Fogar e que será o compañeiro de  Tintón neste proxecto conxunto.

Agora toca contarvos algunhas cousas sobre o proxecto:

  • Vai estar centrado na figura das cantareiras, ás que este ano se lle dedica unha conmemoración tan salientable como é o Día das Letras Galegas. Nesta ligazón tedes máis información:  RAG DÍAS DAS LETRAS GALEGAS 2025
  • Está dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria de ambos centros: CEIP Fogar e CEIP Bergantiños.
  • Un dos obxectivos do proxecto é que o alumnado investigue na súa contorna arredor da música e a canción de tradición oral. 
Non perdades de vista o blog de Tintón, pois proximamente teredes máis información sobre esta nova aventura.









25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Cada 25 de novembo a comunidade educativa do noso centro conmemora o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller; pero, sabedes por que se celebra nesta data en concreto?. Premendo nesta ligazón poderedes atopar a resposta:

25 DE NOVEMBRO

Durante a xornada de hoxe traballamos arredor deste conto, nunha actividade proposta polo Equipo de Convivencia do centro. 






Na biblioteca de Tintón seleccionamos algunhas lecturas en relación a esta temática que o alumnado ten ao seu dispor. 


A continuación tedes dúas ligazóns nas que aparecen máis lecturas con temática sobre a  igualdade de xérero e a eliminación da violencia contra a muller:

LECTURAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA

LECTURAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA




sábado, 23 de noviembre de 2024

RECREO DE TALENTOS: MANUALIDADES.

Este venres a biblioteca de Tintón encheuse de público para coñecer o talento de dúas compañeiras de 2º de E.P.: Nayet e Valeria. 

Estas nenas fixeron unha exposición das moitas manualidades que crean nos seu tempo libre. Ademais de amosarllas aos nenos e nenas que acudiron a este recreo de talentos, estiveron explicando como as crearon e dando trucos e consellos para a realización das mesmas.

Desde aquí dámoslles un forte aplauso pola súa imaxinación e creatividade!.











 

CLUB DE LECTURA DO 2º CICLO DE E.P.

Unha das novidades do club de lectura da nosa biblioteca para este curso  é que este se oferta tamén para o alumnado do segundo ciclo de E.P. (3º e 4º curso). 

Esta semana tivo lugar a primeira sesión do "Océano dos libros" para as nenas e nenos de 3º e 4º que se inscribiron nesta proposta de animación á lectura. Comprácenos dicir que esta actividade tivo unha moi boa acollida entre a rapazada. Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver o gran número de alumnado que se interesou por participar no club:



















ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Do mesmo xeito que se fixo no club do 3º ciclo de E.P., nesta primeira sesión os nenos e nenas presentáronse (comentaron os seus gustos e afeccións, así como preferencias literarias). Unha vez feitas as presentacións pasaron a escoller as obras que formarán parte da lecturas do club durante este curso. Aquí tedes as obras escollidas:

-Entre as obras de narrtiva elixiron:


-A obra escollida no apartado de teatro foi:


-A historia elixida en banda deseñada foi esta:




Non deixedes de visitar o blog do polbo Tintón para estar ao día de todas as actividades do club de lectura, tanto do 2º como do 3º ciclo de E.P.



miércoles, 20 de noviembre de 2024

MES DAS CIENCIAS NA BIBLIOTECA DE TINTÓN

Durante o presente mes de novembro celébrase o Mes das Ciencias e na biblioteca do polbo Tintón estamos a propoñer unha serie de iniciativas en relación a esta conmemoración. En primeiro lugar, e co obxectivo de animar ao alumnado a ler obras relacionadas con todo tipo de ciencias, estamos agasallando cunha chapa a cada nena e neno que leve en préstamo un libro relacionado con esta temática.








Ademais facemos unha serie de RECOMENDACIÓNS LECTORAS sobre a temática científica:





Deixamos tamén unha serie de ligazóns que nos parecen moi interesantes:

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

RECOMPILACIÓN DE MATERIAIS DE CIENCIA EN GALEGO 

SELECCIÓN DE LIBROS INFORMATIVOS SOBRE CIENCIA EDITADOS EN LINGUA GALEGA






lunes, 18 de noviembre de 2024

CLUB DE LECTURA DO 3º CICLO DE E.P.

Este luns púxose en marcha a primeira sesión do club de lectura para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Este club está formado por un total de 6 nenos e nenas (4 de 5º de EP e 2 de 6º) e dinamizado polas mestras Verónica e María. Na primeira sesión tocou facer as presentacións:


A continuación o alumnado tivo que escoller que obras formarán parte desta edición do club de lectura (tiñan varias obras para escoller de tres xéneros diferentes: narrativa, banda deseñada e teatro).


De entre as obras de narrativa proposta escolleron:



A obra elixida entre as propostas de banda deseñada foi:


En canto ás propostas de obras teatrais elixiron:



Seguiremos a informarvos do desenvolvemento do resto de sesións do club de lectura que se vaian realizando ao longo do curso.











 

TINTÓN VIAXEIRO: BIBLIOTECA MUNICIPAL REGO DA BALSA.

Hoxe o polbo Tintón acompañou ao alumnado de 6º de Educación Infantil á BILIOTECA REGO DA BALSA, en Carballo. Alí os nenos e nenas puideron gozar dunha sesión de contacontos.





 

  CLUBS DE LECTURA Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns ...