domingo, 21 de septiembre de 2025

 

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

    Do mesmo xeito que viñemos facendo o pasado curso, darémoslle continuidade á participación da biblioteca do noso centro na iniciativa "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS".

    Esta actividade está dirixida a toda a rapazada de 5º e 6º de Educación Primaria que se anime a participar en calquera das tres liñas do programa: "Recreos", "Lectura aos peques" e "Lectura solidaria".

    Desde aquí, animámosvos a participar nesta iniciativa que tan boa acollida tivo o curso pasado tanto dentro como fóra da comunidade educativa.

    Na seguinte infografía atoparedes toda a información:

 




 

 

Apertas!

O polbo Tintón



 

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES SOCIAIS


    Co obxectivo de dar a coñecer as diversas actividades que se levan a cabo na nosa biblioteca, recordamos que contamos con contas nas redes sociais de FACEBOOK E INSTAGRAM. 

    É moi sinxelo atoparnos; buscade "Polbo tintón" ou "a_biblioteca_do_polbo_tinton".

 

 

 


 


 

         Se aínda non nos seguides, animádevos e deixade algún 👍 e   💜!

 

 

             Saúdos.

            O polbo Tintón 




 

viernes, 19 de septiembre de 2025

 

COMO FUNCIONA A BIBLIOTECA DO POLBO TINTÓN?

 

Como sei que algún ou algunha de vós estará interesado/a en coñecer máis sobre o  funcionamento da nosa biblioteca, velaquí vos comparto un enlace, onde poderedes observar e coñecer de primeira man todas as tarefas e actividades que desenvolvemos desde a biblioteca:

https://view.genially.com/68b48a6b76c8a6693d4cdf19/interactive-content-biblioteca-do-polbo-tinton

 

Bule e clica nel!

 

APERTAS!

O polbo Tintón.

 


 

 

BENVIDA AO CURSO 2025-2026!

 

    Polo que poderedes observar, ando aproveitando os meus últimos días de descanso na praia. Pero non vos preocupedes, porque non me olvidei de todos/as vós! Como podería facer tal cousa…

    Os meus amiguiños/as da escola estanme a botar unha man concretando os últimos detalles para a apertura da nosa GRAN BIBLIOTECA. En breve, anunciaremos a súa reapertura ao público. Estade atentos/as!

 

    Para que a espera se vos faga algo máis levadeira, déixovos unhas cantas novidades e anuncios importantes:

  •       Esta semana rematamos de montar as caixas con libros da biblioteca para que TODAS as aulas poidan ter os exemplares que máis lles interese nas súas aulas.
  •  A vindeira semana (do 22 ao 26 de setembro), fareilles chegar unha carta aos meus queridos/as voluntarios/as para que poidan seguir axudando na lectura aos máis pequenos, colaborando con asociacións externas, así como botando unha man na biblioteca ao longo dos recreos!
  •  Cada aula xa puido anotarse para poder desfrutar dunha sesión semanal da biblioteca para eles/as sós/soas. Que marabilla!

 

 

    Pero isto só é o comezo.

    En breve, volverei con máis novidades!

 

 

VÉMONOS PRONTIÑO, AMIGUIÑOS/AS!

O polbo Tintón.

 






jueves, 19 de junio de 2025

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA.

No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última visita do curso a este centro educativo. 


Placa de cerámica realizada coas pegadas do alumnado de ambos centros.


Foi unha xornada moi especial, na que o alumnado realizou diferentes actividades:

-Fixeron unha árbore coas súas pegadas.

-Compartiron o momento da merenda.

-Xogaron a diferentes xogos de mesa.

-Realizaron unha pequena andaina polos arredores do centro para recoller as sete herbas do San Xoán.

Na seguinte presentación de fotos podedes ver algúns destes momentos:


Aproveitamos para dar as grazas ao persoal e ao alumnado de Lenda Educativa por compartir estes momentos con nós e por acollernos sempre tan ben, e desexando poder manter esta colaboración de cara ao vindeiro curso.
 

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: VISITA A DOMUS VI.

Este mércores as nenas e nenos que colaboran coa residencia DOMUS VI, dentro da liña de voluntariado solidario fixeron a derradeira saída do curso a este centro. Foi unha xornada moi especial e divertida, xa que participaron nunha xincana con 5 probas. Despois de completar a xincana fixeron unha árbore coas pegadas das persoas usuarias e o alumnado. Finalmente os nenos e nenas recibiron un diploma de recoñecemento pola súa participación na xincana interxeracional, así como unha serie de xoguetes feitos polas persoas usuarias.



Nos vídeos que aparecen a continuación podedes ver algúns momentos da xincana:






Non nos podemos despedir sen dar as grazas ao persoal de Domus VI e ás persoas usuarias por acollernos sempre tan ben e compartir connosco tantas vivencias e experiencias. Esperamos que o próximo curso poidamos seguir mantendo esta colaboracion.




VOLUNTARIADO SOLIDARIO: AGASALLO DE ÍNTEGRO.

Este luns as nenas e nenos que desenvolveron a liña de voluntariado solidario con  ÍNTEGRO recibiron un agasallo moi especial das persoas usuarias desta asociación: unha montaxe fotográfica con momentos compartidos co alumnado do noso centro, acompañada de mensaxes  de agarimo e agradecemento. 


Ademais cada nena e neno recibiu unha bonita pulseira fabricada polas persoas usuarias da asociación:


Desde aquí dámoslle as grazas a todas as persoas que forman parte de Íntegro por acollernos sempre tan ben e desexamos que o próximo curso poidamos seguir mantendo esta colaboración.





 



  CLUBS DE LECTURA Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns ...