jueves, 23 de noviembre de 2023

AXUDANTES DO POLBO TINTÓN 

No horario de apertura da biblioteca no tempo de lecer contamos cuns axudantes moi especiais: o alumnado de 5º e 6º de E.P. 
Estas nenas e nenos  de xeito voluntario botan unha man en tarefas como a colocación dos libros devoltos no seu  lugar correspondente nos estantes da biblioteca, selección de música para ambientar este momento de tranquilidade que supón o uso da biblioteca, orientan aos iguais para saber donde atopar un libro determinado, controlan que non se supere o aforo deste espazo, recollen e ordenan diferentes materiais, etc.
Para identificalos facilmente polo resto do alumnado teñen os seus chalecos de axudantes do polbo Tintón.
Desde aquí dámoslles as grazas polo labor tan importante que realizan.










Cada libro no seu lugar.

👏👏👏👏👏👏👏




A música acompaña a visita á biblioteca.  🎵🎶🎵🎶

No hay comentarios:

Publicar un comentario

RECREO DE TALENTOS: MANUALIDADES. Este venres a biblioteca de Tintón encheuse de público para coñecer o talento de dúas compañeiras de 2º de...