martes, 7 de noviembre de 2023

CONMEMORAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS CUN CONCURSO

 O  24 de outubro é un día moi sinalado para o polbo Tintón, pois celébrase o Día das bibliotecas. Para compartir esta festividade cos nenos e nenas do noso centro púxose en marcha un concurso: o "Book Face" ou "Cara de foto", no cal se pedía que unha foto na que a cara ou outra parte do corpo das nenas e nenos se fundise coa imaxe da portada dun libro.



A proposta tivo moi boa acollida, pois recibíronse case 50 fotos. Desde o centro educativo queremos agradecer a alta participación amosada. Así dá gusto organizar calquera actividade!

Aquí podedes ver a exposición que se montou no vestíbulo do edificio de Educación Primaria.



Despois chegou a parte máis complicada......que foi escoller as tres fotos gañadoras, pois todas as fotos recibidas resultaron ser moi orixinais e creativas. Finalmente as fotos seleccionadas para seren premiadas corresponderon a unha alumna de 4º de E.I, unha alumna de 2º de EP e un alumno de 4º de E.P.
Todo o alumnado participante recibiu de agasallo un marcapáxinas da bibioteca para colorear. As dúas nenas e o neno premiados levaron un diploma e, como non podía ser doutro xeito, un libro para seguir gozando do pracer da lectura.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

RECREO DE TALENTOS: MANUALIDADES. Este venres a biblioteca de Tintón encheuse de público para coñecer o talento de dúas compañeiras de 2º de...