domingo, 5 de noviembre de 2023

UNHA BIBLIOTECA RENOVADA

A biblioteca do CEIP Bergantiños, é dicir, a biblioteca do polbo Tintón estreou o curso cun aire renovado. Destaca a gran ilustración onde o protagonista é o noso amigo Tintón, cos seus tentáculos cargados de propostas literarias e unha mensaxe moi directa: "SUMÉRXETE NA LECTURA".



Outros amigos do polbo Tintón que tamén viven no mar axúdannos á hora de poder seleccionar os títulos máis acordes á nosa idade, pois hai varias seccións para a etapa de E.P (de 6 a 8 anos, de 8 a 10 anos e de 10 a 12 anos).


Os máis cativos da escola, da etapa de Educación Infantil,  poderán gozar dos seus contos favoritos nun espazo especialmente acolledor (cunha delimitación moi clara e con alfombras e coxíns).


O pasado 3 de outubro de 2023 o alumnado puido vivir a gran inauguración da nosa biblioteca escolar. Este curso temos novidades como: o voluntariado por parte dos nenos e nenas para o préstamo durante o recreo, a creación dun clube de lectura, posibilidade de realizar préstamo en horario de tarde (cando a biblioteca está aberta como actividade extraescolar), o apadriñamento lector do alumnado de EP ás nenas e nenos de E.I., etc.





Non perdades de vista o noso blog, xa que vos iremos poñendo ao día de todas as actividades e novidades da biblioteca do polbo Tintón
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

RECREO DE TALENTOS: MANUALIDADES. Este venres a biblioteca de Tintón encheuse de público para coñecer o talento de dúas compañeiras de 2º de...