MERGULLÁMONOS NO OCÉANO DOS LIBROS
Comezamos a semana na biblioteca de Tintón cunha actividade moi especial: o club de lectura "Océano dos libros". O alumnado participante na actividade recibiu como agasallo de benvida unha bolsa que contiña a lectura que será obxecto de análise no club, un caderno, un marcapáxinas e material funxible.
A obra escollida para iniciar o club de lectura é un libro de banda deseñada titulado "Microalgas", da autora Xulia Pisón. A primeira actividade realizada foi observar a portada e a contraportada e a partir de aí houbo unha choiva de ideas sobre a temática que podía ter o libro. O alumnado amosouse moi participativo e foron xurdindo temas como a catástrofe ecolóxica do Prestige, a figura de Man de Camelle, os vertidos de pelets, etc.
Tamén se abordaron cuestións relativas aos obxectivos que podería ter o club de lectura, cales son as súas expectativas, etc.
Estaba previsto elaborar un cartaz para crear un recanto propio do club de lectura na biblioteca.... pero o tempo pasou voando e queda pendente para a próxima sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario