PRIMEIRA SESIÓN DO RECREO DE EXPERTOS/AS: TALLER DE MÁSCARAS.
O pasado 6 de febreiro tivo lugar o primeiro "Recreo de expertos" na biblioteca do polbo Tintón. Nesta ocasión, dada a proximidade do Entroido, as alumnas de 4º de Educación Primaria Daniela, Dunia e Elena impartiron un taller de máscaras.
As nenas comentaron que lles gustan moito as manualidades e que cando viron a convocatoria do "Recreo de expertos" animáronse a apuntarse para dar un obradoiro de manualidades, concretamente para elaborar máscaras de Entroido.
Durante a realización do taller foron proporcionado axuda e orientacións ao alumando que quixo facer as súas máscaras. Tanto Daniela como Dunia e Elena indicaron que o obradoiro estaba indo moi ben e que lles estaba a resultar unha experiencia positiva e interesante.
Na seguinte presentación podedes ver fotos do desenvolvemento e o resultado desta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario