RECREOS DE EXPERTOS / AS
Na nosa biblioteca seguimos a ter novidades que contarvos!
Nesta ocasión trátase dunha actividade que se desenvolverá durante o tempo de lecer do noso alumnado. Entre os obxectivos desta proposta destacan:
- Promover unha maior interrelación entre as nenas e nenos de diferentes cursos.
- Favorecer o coñecemento mutuo entre alumnado con intereses e inquedanzas comúns.
- Reforzar a autoestima daqueles nenos e nenas que se animen a participar nesta actividade.
- Dinamizar o tempo de lecer do noso centro en xeral e do espazo da biblioteca en particular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario