lunes, 27 de mayo de 2024

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Este luns tivo lugar a segunda sesión do club de lectura dedicada á obra "Mamá, quero ser Ziggy Stardust", na cal o alumnado participante xunto coas mestras que coordinan esta actividade (Yolanda e María) centráronse nos últimos capítulos do libro.







Esta novela escrita por Iria Misa e ilustrada por Alba Barreiro foi moi do agrado do alumnado que a estivo lendo estes días para o club de lectura. O tema central xira en torno á identidade de xénero, ás relacións cos iguais, coa familia, etc. As nenas e o neno participantes falaron acerca destas cuestións e imaxinaron como sería a vida da personaxe protagonista cando cambiase de etapa educativa.

Tras a análise dos últimos capítulos da novela tocou poñerse mans á obra para colorear o mural que están creando para promocionar o club de lectura. Xa falta menos para que estea rematado!







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS. Hoxe, 14  de outubro, celébrase o Día das escritoras e a biblioteca de Tintón tamén quixo participar ne...