martes, 28 de mayo de 2024

VOLUNTARIADO LECTOR.

A pasada semana tiveron lugar  as sesións do voluntariado lector corrrespondentes ao mes de maio. O alumnado de 5º e 6º de E.P. desprazouse ás aulas de Educación Infantil e ás de 1º e 2º de E.P. para lerlles aos máis pequenos unha serie de contos.



 






No vídeo que aparece a continuación podedes ver un fragmento dunha lectura que se fixo nuha aula de 1º de Educación Primaria.


Por outra banda, nas aulas de 4º de Educación Infantil o alumnado puido gozar dunha representación dun dos seus contos favoritos: "O coelliño branco". Os nenos e nenas de 5º de E.P. prepararon  o decorado e a caracterización dos personaxes; aos máis peques do colexio encantoulles e así o demostraron cun forte aplauso ao remate da actuación.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS. Hoxe, 14  de outubro, celébrase o Día das escritoras e a biblioteca de Tintón tamén quixo participar ne...