lunes, 24 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA.

No noso centro e Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade conmemorativa para o Día de Rosalía cun orixinal mural feito en conxunto por todo o alumnado do centro:


Os nenos e nenas de Educación Infantil decoraron o mural con camelias coloreadas por eles mesmos e o alumnado de Educación Primaria compuxo a imaxe de Rosalía escribindo os seus nomes.

Na biblioteca de Tintón Rosalía de Castro tivo estes días un recuncho especial para que as nenas e nenos que acoden á biblioteca coñezan un pouquiño máis da súa obra:


No edificio de Educación Infantil tamén está presente Rosalía cun fermoso mural na entrada para o cal o alumnado coloreou flores e follas; e que mellor maneira de recordar a esta ilustre poeta que cantando un anaquiño dun dos seus poemas da obra "Cantares gallegos": "O moucho":






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. No día de onte conmemoramos na escola o Día mundial da concienciación sobre o autismo . A act...