martes, 25 de febrero de 2025

OBRADOIRO DE POESÍA CON ANTÍA OTERO.

O pasado mércores o alumnado de 2º de Educación Primaria tivo a sorte de participar nun obradoiro de poesía impartido por Antía Otero (premendo AQUÍ tedes información sobre esta poeta). O título da actividade foi " Quen ten medo á poesía". 

A autora comezou explicándolle ás nenas e nenos que hai palabras explosivas e palabras pingas; a continuación propúxolles xogar con elas e con ton de voz. Tamén foron escribindo estas palabras  nun modelo de poesía proporcionado por Antía, polo que cada neno  e nena fixo a súa propia poesía.


Antía veu acompañada dunha bugaina, coa que fixo unha proposta moi máxica para o noso alumando: cada neno e nena foi poñendo a orella na buguina e puido escoitar palabras secretas que están gardadas dentro dela. A continuación murmuraron unha palabra para que a puidesen escoitar os nenos e nenas da outra aula.













 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. No día de onte conmemoramos na escola o Día mundial da concienciación sobre o autismo . A act...