martes, 25 de febrero de 2025

EDUCANDO CON MALIBÚ NA BIBLIOTECA DE TINTÓN.

O venres a nosa biblioteca recibiu unha visita moi especial: un can chamado Mazapán que veu a sensibilizar aos nenos e nenas contra o abandono animal. A visita encádrase dentro da campaña EduCANdo con Malibú, promovida pola Casa Grande de Xanceda. 


O alumnado viu unha presentación sobre os coidados que necesitan as mascotas e a responsabilidade que temos cando adoptamos unha.


Finalmente as nenas e nenos tiveron a ocasión de aloumiñar a Mazapán, que é un can que adoptaron na granxa e que é axudante da cadela Malibú. Mazapán  está aprendendo a ser mestre como Malibú para  ir tamén  ás escolas a ensinarlles aos nosos pequenos a importancia de proporcionarlle aos animais o coidado e o agarimo que merecen.













No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA. No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última ...