martes, 25 de febrero de 2025

SESIÓNS DO CLUB DE LECTURA (5º E 6º EP).

O alumnado integrante do club de lectura do terceiro ciclo de EP seguiu analizando a primeira das lecturas do club: "La bibliotecaria nocturna".



A historia que conta esta  obra de banda deseñada ten como escenario principal unha biblioteca: a New York Public Library.


Os nenos e nenas tiveron ocasión de comprobar o famosa que é esta biblioteca, pois sae en películas como Cazafantasmas, Spiderman, etc. Buscaron información para saber que datos dos que saen no libro que leron son reais e cales son ficticios. 

Como en calquera club de lectura, unha parte importante da sesión foi dar  súa valoración persoal da lectura. En xeral a lectura gustoulles pero tampouco lles entusiasmou. Pensan que ten demasiados tópicos sobre algúns personaxes e non lle atopan moito sentido ao final da historia (opinan que é un pouco forzado).

Nunha sesión posterior o alumnado púxose mans á obra para comezar a facer unha maqueta da biblioteca:










No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. No día de onte conmemoramos na escola o Día mundial da concienciación sobre o autismo . A act...