RECREO DE TALENTOS: CHARLA SOBRE FEMINISMO.
No recreo de talentos de hoxe, víspera da conmemoración do Día Internacional da Muller, Sabela, alumna de 4º de Educación Primaria, realizou unha charla moi interesante sobre o feminismo.
As compañeiras e compañeiros que asistiron á charla puideron coñecer as orixes desta conmemoración que este ano cumpre 50 anos, tal e como moi ben destacou Sabela nunha das diapositivas coas que ilustrou a charla.
Ademais da historia sobre o movemento feminista, Sabela destacou moitos dos logros que aínda quedan por acadar no relativo á igualdade de xénero.
Desde aquí queremos felicitar a Sabela polo traballo realizado na preparación da presentacion, ofrecéndolle ao alumnado a ocasión de achegarse ao feminismo e, principalmente, concienciar aos nenos e nenas sobre todo o que aínda queda por facer para acadar unha sociedade realmente igualitaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario