VOLUNTARIADO SOLIDARIO: VISITA DE ÍNTEGRO.
Este xoves tivemos o pracer de recibir na biblioteca de Tintón a visita de varias persoas usuarias da asociación ÍNTEGRO. O alumnado participante no voluntariado solidario acolleu a Dani, José Carlos, Fani, Isa e Carlos, que viñeron acompañados de Cintia (que forma parte do persoal que traballa nesta asociación).
Con motivo da celebración do Día internacional da muller e da nena na ciencia, o vindeiro 11 de febreiro, unha das actividades realizadas tivo como fío condutor esta conmemoración. Nas seguintes ligazóns tedes información sobre este día internacional:
CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS
A primeira das actividades consistiu no visionado dunha presentación con información sobre inventos creados por mulleres.A xornada rematou cun obradoiro de chapas, onde cada quen fixo a súa propia chapa do polbo Tintón a modo de recordo desta visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario