sábado, 8 de febrero de 2025

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: VISITA Á RESIDENCIA DOMUS VI.

Este martes os nenos e nenas que participan na liña de voluntariado solidario, dentro do voluntariado de lectura, fixeron a segunda visita do curso á RESIDENCIA DOMUS VI de Carballo. As nenas e nenos que se achegaron á residencia foron: Leire, Vera, Angy, Leticia, Robert, Diego, Tirso, Manuel e Fabio, acompañados da mestra María Cibrán (que é ademais a coordinadora do Equipo de biblioteca do noso centro).

Este ano a residencia celebra o seu 19 aniversario e escolleron como temática o medievo, polo que realizarán actividades relacionadas cos oficios artesanais desta etapa histórica. 

Co obxectivo de salientar a temática da residencia, tres dos alumnos que fixeron a visita foron caracterizados de artesáns: ferreiro, xastre e alfareiro.



Tirso, Manuel e Diego con vestimenta dos oficios tradicionais posando con Tintón.

A continuación contámosvos todas as actividades que se realizaron nesta visita:

-As persoas usuarias da residencia faláronnos das súas experiencias cos oficios tradicionais; por exempo, Manuel foi carpinteiro e cesteiro e Pilar foi costureira.

-Diego, un dos alumnmos que fixo a visita, animouse a falar dunha das súas afeccións, a regueifa, e a regueifar un pouco. Nestes vídeos podedes ver o ben que regueifan  tanto pequenos como maiores. 




-Nesta visita puxémonos mans á obra para moldear figuras con arxila. O señor Manuel sorprendeunos facendo unha engra ou xunca, que é onde os ferreiros traballan o ferro. A señora Julia aproveitou para recordarlle ao noso alumnado o afortunado que é ao poder ir á escola, xa que ela tivo que traballar desde moi noviña no agro e non puido estudar.




-Tamén estiveron gozando da xornanda connosco José Ramón, Elisa, Venancio e Carmiña; e sen esquecernos de Sara, que pasou por alí para deleirtarnos coa súa voz privilexiada cantando unhas estrofas da banda sonora da película "La vida es bella".

-Na residencia tíñannos preparada unha sorpresa en forma de agasallo: uns coelliños que fixeron para que levásemos para as nosas aulas na escola. Ademais tamén tiñan un para a biblioteca!. Desde hoxe Tintón ten unha nova compañeira de lecturas: Pompón.



-Para rematar esta xornada tan especial, o persoal da residencia ofreceunos unha merenda  e así puidemos voltar coas pilas cargadas para a escola.


Como era de esperar, as nenas e nenos xa están contando os días para volver  visitar a residencia. Que importante é non esquecer aos nosos maiores, gozar con eles e aprender moitísimo das súas experiencias vitais.

Non podemos despedirnos sen dar as grazas a todo o persoal da residencia que fai posible que se poidan levar a cabo estas experiencias tan eriquecedoras, así como ás persoas usuarias que tan amablemente e con tanto agarimo nos reciben e  nos agasallan coas súas vivencias.

A continuación tedes unha presentación de fotos onde se resume todo o que fostes lendo.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

TINTÓN VIAXEIRO:CONCERTO DIDÁCTICO. Xusto antes das merecidas vacacións Tintón acompañou ao alumnado de 4º e 6º de E.P. ao Palacio da Ópera ...