jueves, 13 de marzo de 2025

EXPOSICIÓN DO PROXECTO DE CENTRO ("DA TERRA Á LÚA").

Como xa sabedes, este ano o proxecto do centro está dedicado á figura de Xulio Verne. En cada trimestre centrámonos nunha das súas obras e durante o primeiro trimestre traballamos arredor da novela "Da Terra á Lúa". Nas aulas de infantil e primaria tanto o profesorado como o alumnado puxeron a voar a súa imaxinación e foron elaborando ao longo deste tempo unha serie de creacións en relación a esta historia. Á volta das vacacións de Nadal fíxose unha grande exposición no vestíbulo do edificio de Educación Primaria.



Nas presentacións de fotos que aparecen a continuación podedes ver creacións do máis variadas (desde novos planetas ata un teatro de monicreques). O alumnado gozou enormemente das visitas á exposición, onde puideron ver tanto os seus traballos como o do resto de aulas do centro e ata facer fotos caracterizados de astronautas.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA. No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última ...