RECREO DE EXPERTOS/AS: KARATE
No recreo de expertos/as deste martes Carol, Dani e Derek visitaron a biblioteca de Tintón para falarnos acerca do karate e facer algunhas demostracións dos seus movementos.
Explicaron que o karate é unha arte marcial do Xapón e que o nome dos seus movementos dise en lingua xaponesa. Contáronnos que as series de movementos do karate se chaman "katas". Tamén falaron dos diferentes tipos de cintos en función da categoría que vaia acadando cada karateka. Despois das explicacións realizaron varios movementos e recordaron que neste deporte sempre se fai un saúdo ao comezo e ao final. Foron moitos os nenos e nenas que se animaron a practicar con eles estes movementos, tal e como podedes ver nos vídeos que aparecen a continuación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario