jueves, 13 de marzo de 2025

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (3º E 4º DE EP).

Os nenos e nenas pertencentes ao club de lectura do segundo ciclo de E.P. tiveron novas sesións do club de lectura. O libro que están a ler titúlase "Superfiki" e pertence ao xénero do cómic. 


Nesta sesión intercambiaron impresións sobre a lectura, a cal xa finalizaron. Foi unha historia de banda deseñada que lles gustou moito (case todos lle deron un sobresaliente na puntuación); de feito o libro que leron é o primeiro dos volumes dunha colección e foron varias as nenas e nenos que lle levaron en préstamo outros volumes do cómic.

Como actividade complementaria á lectura, as nenas e nenos presentaron un autorretrato  deles mesmos e foron explicando en que sentido se consideraban frikis. Aquí podedes ver unha pequena mostra dalgúns dos autorretratos:










No hay comentarios:

Publicar un comentario

CLUB DE LECTURA: 4º DE EP Boa tarde, rapaces e rapazas! No día de hoxe, botou a andar un curso máis a iniciativa d...