martes, 1 de abril de 2025

OS O.D.S. NA BIBLIOTECA DE TINTÓN: FAME CERO.

Durante o recreo deste luns o alumnado do noso centro achegouse a un dos obxectivos de desenvolvemento sostible máis fundamentais: acabar coa fame en calquera lugar do mundo. A través deste vídeo  os nenos e nenas foron coñecendo os principais conceptos arredor deste obxectivo.





Falamos das cousas que podemos facer no día a día para contribuír á consecución deste obxectivo: doar alimentos, non desperdiciar comida, falar deste tema e concienciar a outras persoas, etc.

A tarefa proposta para cumprir o reto formulado desde a biblioteca é deseñar o menú ideal (con alimentos variados e saudables).


Aquí deixamos dúas recomendacións lectoras en relación a este O.D.S.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

CLUB DE LECTURA: 4º DE EP Boa tarde, rapaces e rapazas! No día de hoxe, botou a andar un curso máis a iniciativa d...