VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A ASPABER.
Os nenos e nenas que forman parte do voluntariado de lectura solidaria realizaron unha saída ás instalacións de ASPABER para coñecer de primeira man o traballo que alí se leva a cabo no día a día.
O alumnado asistente á saída acompañado de Éric, traballador do centro especial de emprego |
As nenas e nenos foron pasando polos diferentes obradoiros acompañados de Nerea, que foi a persoa que guiou a visita. O primeiro dos obradoiros que visitaron foi o de carpintería; explicaronlles que fan palés, mobiliario urbano para o Concello de Carballo, etc.
Obradoiro de carpintería |
Seguidamente puideron ver o obradoiro de empaquetado (preparan os produtos para as máquinas de vending) e tamén o de termoselado (arranxo de colectores do Concello de Carballo) e o de xeso (no cal realizan molduras).
Obradoiro de termoselado |
O alumnado visitou tamén as aulas de formación, nas cales se imparte a Formación Profesional Dual e tamén clases para a preparación de oposicions e ensinanzas básicas. Nunha destas aulas as nenas e nenos viron unha presentación sobre a lectura fácil. Para poñer en práctica a información que se lles acababa de transmitir sobre este método de lectura estiveron lendo "Robinson Crusoe", xunto con alumnado desta asociacion.
A continuación foron marcando nun mapa os diferentes países polos que viaxaron os protagonistas desta historia.
Co obxectivo de que valorasen o grao de comprension lectora acadado, foron resolvendo un xogo interactivo.
Desde aquí queremos agradecer a ASPABER a súa marabillosa acollida e felicitalos polo seu importante traballo en favor da inclusión laboral das persoas con diversidade funcional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario