OS O.D.S. NA BIBLIOTECA DE TINTÓN: SAÚDE E BENESTAR.
Como vimos facendo desde hai unhas semanas, o pasado luns 7 de abril foi o momento de presentarlle ao alumnado un novo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (O.D.S.); nesta ocasión foi o momento de que se achegasen ao obxectivo número 3: "Saúde e benestar". O primeiro que fixeron foi coñecer a información máis relevante a través deste VÍDEO.
Unha vez visto o vídeo as nenas e nenos achegáronse ao concepto de saúde e benestar integral; é dicir, que a saúde e o benestar completos comprenden as dimensións física, mental e social das persoas. Tamén se recalcou a importancia do acceso á saúde universal e comparouse a situación que se vive en Europa coa de outros lugares como Estados Unidos ou África.
Proúxose un novo reto para o alumnado: inventar un novo deporte, explicar as súas regras e elaborar un debuxo.
Tamén se foron recollendo os retos da semana anterior, no que as nenas e nenos tiñan que deseñar o seu menú ideal:
No hay comentarios:
Publicar un comentario