jueves, 17 de abril de 2025

ROSCO AO RESCATE

O pasado 4 de abril na biblioteca de Tintón tivemos unha visita moi especial: un ourizo chamado Rosco, que ten unha misión tan importante como é a de salvar a natureza. Este é un proxecto educativo promovido pola Casa Grande de Xanceda e do cal podedes atopar máis información premendo AQUÍ. 



Rosco visitou o noso centro porque busca cómplices para axudalo na súa tarefa. Os nenos e nenas estiveron moi atentos para aprender aspectos tan importantes da conservación e coidado do medio ambiente como a polinización, os tres R (reducir, reciclar e reutilizar), o cambio climático ou a biodiversidade.

Non podemos despedirnos sen dar as grazas ás persoas que organizan e desenvolven esta importante iniciativa que tan boa acollida tivo na nosa escola.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

CLUB DE LECTURA: 4º DE EP Boa tarde, rapaces e rapazas! No día de hoxe, botou a andar un curso máis a iniciativa d...