REPRESENTACIÓN DUN CONTO EN EDUCACIÓN INFANTIL.
No noso centro seguimos a realizar actividades en relación á celebración do Día do Libro. Nesta ocasión contamos coa inestimable colaboración de varias nais de nenos e nenas da etapa de Educación Infantil, as cales realizaron unha representación teatral dun conto.
Contáronnos a historia dun oso que tiña moitas ganas de durmir pero que era constantemente interrompido por varios animais que querían que lles collese mel dunha colmea que había nunha árbore. Foi unha historia moi divertida e que estas nai interpretaron de xeito marabilloso.
Desde aquí dámoslles un forte aplauso e agradecémoslles enormemente o tempo e o agarimo dedicado para facernos pasar tan bos momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario