martes, 27 de enero de 2026

 

RECREO DE EXPERTAS: CÓMIC

 

No día de hoxe, as alumnas de 4ºC de EP, Mayra e Ariadna, impartíronos un obradoiro de cómic/banda deseñada.

 

 

 

Neste, foron explicando diferentes ámbitos do cómic, como:

-       Título e portada.

-       Tipos de bocadillos.

-       Como aparece ilustrada/escrita a parte do narrador/a.

-       As onomatopeas.

-       Como debuxar personaxes de maneira sinxela.

 


Resultou ser un obradoiro do máis interesante, onde os participantes puideron saír do mesmo con medio cómic xa realizado.

     

     Aquí podedes ver algunhas desas creacións:

 

 

 

MOITAS GRAZAS, MAYRA E ARIADNA! Explicástedes todo de maneira sensacional! Esperamos vervos prontiño, de novo!

O polbo Tintón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

  VISITA DE XOSÉ BALLESTEROS E MANUELA RODRÍGUEZ No día de hoxe, contamos no centro coa visita do gran Xosé Ballesteros e da gran Manuela Ro...