RECREO DE TALENTOS: TRUCOS DE MAXIA
No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con alumnas e alumnos de 2º e 4º de EP.
Abriu o espectáculo, Carmela, alumna de 2ºA de EP, a cal nos mostrou 4 trucos de maxia:
- Facer desaparecer unhas “chuches” e caramelos nunha caixa.
- Truco cunhas palliñas.
- Trucos con gomas elásticas, onde a habilidade reside nos dedos das mans.
- Unir 2 clips sen tocalos, colocándoos nun folio, ao cal lle fixo unhas dobreces, e tirando do mesmo.
A continuación, foi a quenda de Ana, alumna de 4ºA de EP, a cal nos mostrou un truco de maxia usando unha baralla de cartas. Pediu que un voluntario/a escollese unha carta e, a través do truco, conseguir adiviñala. Aínda non sabemos como!
Para finalizar, actuaron Derek e Telmo, alumnos tamén da aula de 2ºA de EP, onde fixeron desaparecer un elemento nunha caixa.
O público asistente quedou encantado cos vosos trucos. Grazas por mostrárnolos!
MOITAS GRAZAS, CARMELA, ANA, DEREK E TELMO!
O polbo Tintón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario