martes, 10 de marzo de 2026

 

RECREO DE EXPERTOS 

“A PARADOXA DE FERMI. ONDE ESTÁN OS EXTRATERRESTRES?”

No día de hoxe, o alumno de 5ºC de EP, Xan Nieto Ures, explicounos a Paradoxa de Fermi.


A Paradoxa de Fermi é a contradicción entre a alta probabilidade estatística de que existan civilizacións extraterrestres intelixentes, dada a inmensidade do universo, e a falta de evidencia ou contacto con elas.

 

O físico Enrico Fermi, en 1950, plantexouse a pregunta: “Onde está todo o mundo?”

A paradoxa posúe dúas grandes vertentes:

1.    Por que non visitaron aínda o noso planeta?

2.    Por que non hai ningunha evidencia de intelixencia extraterrestre?

 

Despois de explicarnos detalladamente todos os estudos realizados e os resultados sobre os mesmos. Xan comunicounos que a solución da paradoxa de Fermi é a teoría do Bosque Escuro, na cal se concreta que o universo está cheo de civilizacións, pero todas permanecen en silencio por medo ou por mor de ser atacadas. Ao considerase a supervivencia como o obxectivo fundamental e a comunicación coma un risco existencial, calquera civilización detectada sería destruída preventivamente por outra, convertido así o cosmos nun lugar hostil e silencioso.

 




Grazas por unha gran exposición, Xan! E, grazas, por achegarno a esta paradoxa, tan descoñecida para a maioría do público.

 

MOITAS GRAZAS, XAN!

O polbo Tintón.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

  VISITA DE BONIFACE OFOGO No día de onte, contamos no centro coa visita do gran Boniface Ofogo. Boniface é natural de Camerún.  Desde 1992,...