miércoles, 11 de marzo de 2026

 

VISITA DE BONIFACE OFOGO

No día de onte, contamos no centro coa visita do gran Boniface Ofogo. Boniface é natural de Camerún. Desde 1992, adícase a escribir e a narrar contos africanos.

É especialista en fábulas, lendas, mitos e tradicións de África. Actíua por toda España, deleitándonos coa súa oratoria e a súa forma extraordinaria de contar contos tradicionais.

No día de onte, o alumnado de 1º ciclo de EP, 1º e 2º de EP, puido embelesarse con el, mentres lles contaba estes tres contos, da súa autoría, todos eles publicados pola editorial Kalandraka:

"A paso de tortuga"

"El elefante que perdió su ojo"

"O león Kandinga"



Foi unha xornada marabillosa, onde os máis pequenos e pequenas puideron deleitarse coa narración destes 3 contos tradicionais do país africano.

Gustaríanos agradecer, especialmente, á editorial KALANDRAKA, a través da cal puidemos organizar e desenvolver a visita de Boniface. GRACIÑAS!

 
Foi un absoluto pracer contar contigo, no noso colexio, Boni! Esperamos verte noutra ocasión!



Apertas!

O polbo Tintón.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

  VISITA DE BONIFACE OFOGO No día de onte, contamos no centro coa visita do gran Boniface Ofogo. Boniface é natural de Camerún.  Desde 1992,...