RECREO
DE TALENTOS: BAILE TRADICIONAL E BAILE MODERNO
No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos coas actuacións de baile por parte das rapazas da aula de 6ºA de EP.
Nun primeiro momento, actuaron Paula e Sarela realizando a xota, baile tradicional das comunidades autónomas de Aragón, Navarra e Valencia.
Velaquí podedes ver parte do baile tradicional:
Nun segundo momento, actuaron as súas compañeiras de aula, Katya e Carolina, realizando un baile de pop moderno, animando a todo o público presente.
Velaquí podedes ver parte da súa coreografía:
Noraboa ás catro e
grazas por desenvolver unhas actuacións formidables! Sodes estupendas, rapazas! Canto talento hai neste colexio!
MOITAS GRAZAS, SARELA, PAULA, KATYA e CAROLINA!
O polbo Tintón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario