VISITA DE ÓSCAR BRUNO DE PRADO
No día de hoxe, contamos, no noso colexio, co gran Óscar Bruno de Prado, xogador profesional de xadrez, titulado como Mestre FIDE, adestrador do club O Toque Xiria en Carballo e árbitro de competición.
Óscar foi invitado polo Equipo de Biblioteca para dar unha charla e realizar dinámicas cos 20 primeiros clasificados do noso torneo de xadrez. Óscar aceptou a nosa invitación e puidemos desfrutar da súa marabillosa compañía.
Nun primeiro momento, na biblioteca, falounos un pouco da súa traxectoria: que lle motivou a entrar no xadrez, a estudalo e a converterse en tan bo xogador. Xunto a isto achegou ó alumnado as diferentes actividades ao arredor do xadrez que se realizan en Carballo, como son campionatos, clubes, formatos de competición, formatos de partidas... e animounos a participar sen medo en todo aquilo que se organice na cidade.
Tras iso pasamos ó comedor onde xogou unha partida simultánea contra todos os asistentes. FOI UNHA PASADA!
Deste xeito, puideron ter unha xornada agradable e distendida de xadrez e coñecer este formato de exhibición, tan vistoso e rechamante.
O MF Óscar xogou vinte partidas a un tempo, cun resultado de vinte vitorias, en apenas unha hora. É extraordinario, verdade?
Destacar o ambiente de
camaradería entre os rapaces/zas do noso colexio, que intentaron dar
guerra e axudáronse intentando sobrevivir nas súas respectivas partidas.
Os participantes recibiron como premio ao seu esforzo e como recordo deste ano un chaveiro de madeira de buxo, en forma de peza de xadrez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario