martes, 27 de febrero de 2024
RECREO DE TALENTOS: BAILE
Seguimos gozando do talento dos nosos nenos e nenas; nesta ocasión alumado de 4º e 5º de Educación Primaria ofreceunos un espectáculo de baile, tanto en modalidade individual como en equipo.
Nestas fotos vemos ao público asistente á exhibición de baile, a cal se realizou durante o recreo.
Nos vídeos que aparecen a continuación Katya, Pedro, Ainara, Paula, Ana e Aitana poñen en marcha diferentes coreografías.
domingo, 25 de febrero de 2024
RECREO DE TALENTOS: CANTAREIRAS
O alumnado máis cativo da escola tamén puido gozar do enorme talento destas nenas, pois Iria e Lucía desprazáronse ata o edificio de Educación Infantil para interpretar unhas pezas. Alí, ademais de entusiasmar aos pequenos e ás mestras, tiveron a oportunidade de pasar un ratiño coa súa antiga titora de E.I.
VOLUNTARIADO LECTOR
Este xoves púxose en marcha outra das actividades da nosa biblioteca: o voluntariado de lectura. A través desta proposta o alumnado das etapas de Educación Infantil e Educación Primaria compartiron tempo e experiencias a través da lectura. A rapazada de 5º e 6º de E.P. preparou varias lecturas para os nenos e nenas de E.I. e tamén do 1º curso de E.P. Tamén deu tempo a realizar algunha actividade tras a lectura. Nos vídeos que tedes a continuación podedes ver un resumo desta actividade.
jueves, 22 de febrero de 2024
SEGUNDA SESIÓN DE RECREOS DE EXPERTOS/AS.
O pasado martes tivo lugar o segundo recreo de expertos/as na biblioteca de Tintón. Nesta ocasión foi:
O alumnado puido gozar dun obradoiro de "lettering", a través do cal practicaron a arte de debuxar letras. Para moitos nenos e nenas esta actividade foi un descubrimento que pode chegar a converterse nunha nova afección. Para outros era unha actividade na que xa amosaban interese e trataron de perfecionala grazas aos coñecementos transmitidos por Iris e Carmen.
martes, 20 de febrero de 2024
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A BIBLIOTECA
Hoxe a nosa biblioteca recibiu a visita das nenas e nenos de 5º de E.I., co obxectivo de coñecer este espazo do centro e descubrir o mundo máxico de contos que se atopa na zona destinada ao alumnado de 3 a 6 anos. Este recanto da biblioteca está especialmente deseñado para estas idades, cos libros á súa altura e con alfombras e coxíns para que poidan gozar dos contos nun ambiente cómodo e relaxado.
Foi tamén o momento de coñecer algunhas normas da biblioteca, como son falar en voz baixiña, coidar moito os contos e quitar o calzado para estar no recanto dedicado aos máis peques do centro.
lunes, 19 de febrero de 2024
RECREOS DE TALENTOS
Non paran de chegar novidades á nosa biblioteca! Nesta ocasión toca falar de:
CLUBS DE LECTURA Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns ...
-
SESIÓN DE CLUB DE LECTURA (3º CICLO DE E.P.). Este luns tivo lugar a novena sesión do club de lectura do alumnado de 5º e 6º de E.P. Nunha p...
-
TINTÓN VIAXEIRO: ACUARIUM FINISTERRAE. Hoxe o alumnado de 5º de Educación Infantil do noso centro fixo unha saída ao acuario da Coruña e, co...
-
SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (3º CICLO DE E.P.). Onte tivo lugar a derradeira sesión do club de lectura do alumnado de 5º e 6º de E.P. Nesta se...













