martes, 27 de febrero de 2024

 RECREO DE EXPERTOS/AS: XADREZ

O mes de febreiro estivo cheo de recreos súper entretidos e diferentes na biblioteca de Tintón, a través das propostas "Recreos de talentos" e "Recreos de expertos/as".
Hoxe tivo lugar o último recreo de expertos/as do mes da man de dous alumnos de 5º de Educación Primaria: Aron e Manuel, que fixeron un obradoiro de iniciación ao xadrez.
O alumnado asistente tivo a oportunidade de coñecer os conceptos básicos deste xogo de estratexia da man de dous xogadores expertos como son Manuel e Aron.


































RECREO DE TALENTOS: BAILE

Seguimos gozando do talento dos nosos nenos e nenas; nesta ocasión alumado de 4º e 5º de Educación Primaria ofreceunos un espectáculo de baile, tanto en modalidade individual como en equipo.




Nestas fotos vemos ao público asistente á exhibición de baile, a cal se realizou durante o recreo.

Nos vídeos que aparecen a continuación  Katya, Pedro, Ainara, Paula, Ana e Aitana poñen en marcha diferentes coreografías.








domingo, 25 de febrero de 2024

 RECREO DE TALENTOS: CANTAREIRAS

Este venres estivemos de estrea de recreos de talentos. As alumnas de 5º de EP Lucía e Iria ofreceron un concerto de pandereita e canto na biblioteca do centro.



Coincidindo coa conmemoración do Día de Rosalía, Iria e Lucía interpretaron o poema "Adios ríos, adiós fontes"  tocando coa pandeireta unha peza creada por elas mesmas para a ocasión, tal e como explican no vídeo que aparece a continuación.


O alumnado máis cativo da escola tamén puido gozar do enorme talento destas nenas, pois Iria e Lucía desprazáronse ata o edificio de Educación Infantil para  interpretar unhas pezas. Alí, ademais de entusiasmar aos pequenos e ás mestras,  tiveron a oportunidade de pasar un ratiño coa súa antiga titora de E.I.











            Iria e Lucía con Vanesa, a súa 
            titora da etapa de Educación
            Infantil








    🎵🎶🎼🎶🎵🎼🎶


















VOLUNTARIADO LECTOR



Este  xoves  púxose en marcha outra das actividades da nosa biblioteca: o voluntariado de lectura. A través desta proposta o alumnado das etapas de Educación Infantil e Educación Primaria compartiron tempo e experiencias a través da lectura. A rapazada de 5º e 6º de E.P. preparou varias lecturas para os nenos e nenas de E.I. e tamén do 1º curso de E.P. Tamén deu tempo a realizar algunha actividade tras a lectura. Nos vídeos que tedes a continuación podedes ver un resumo desta actividade.










jueves, 22 de febrero de 2024

SEGUNDA SESIÓN DE RECREOS DE EXPERTOS/AS.

O pasado martes tivo lugar o segundo recreo de expertos/as na biblioteca de Tintón. Nesta ocasión foi:


 O alumnado puido gozar dun obradoiro de "lettering", a través do cal practicaron a arte de debuxar letras. Para moitos  nenos e nenas esta actividade foi un descubrimento que pode chegar a converterse nunha  nova afección. Para outros era unha actividade na que xa amosaban interese e trataron de perfecionala grazas aos coñecementos transmitidos por Iris e Carmen.

Aquí vos deixamos unhas fotos do desenvolvemento da actividade:




     

     

    

    L E T T E R I N G


    💗💗💗💗💗💗💗💗💗💗




















martes, 20 de febrero de 2024

 O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A BIBLIOTECA

Hoxe a nosa biblioteca recibiu a visita das nenas e nenos de 5º de E.I., co obxectivo de coñecer este espazo do centro e descubrir o mundo máxico de contos que se atopa na zona destinada ao alumnado de 3 a 6 anos. Este recanto da biblioteca está especialmente deseñado para estas idades, cos libros á súa altura e con alfombras e coxíns para que poidan gozar dos contos nun ambiente cómodo e relaxado.




Foi tamén o momento de coñecer algunhas normas da biblioteca, como son falar en voz baixiña, coidar moito os contos e quitar o calzado para estar no recanto dedicado aos máis peques do centro.



Con ocasión desta visita cada  neno e nena escolleu un título para levar en préstamo e gozar da lectura na casa.



Tamén houbo tempo de escoitar música relaxada, pois a biblioteca de Tintón é un espazo no que este tipo de música é sempre benvida. Ao celebrarse este venres o Día de Rosalía o tema escollido foi "Rosalía pequeniña", cantado por Uxía Senlle. No vídeo que aparece a continuación podedes comprobar como os nosos pequechos deseguido souberon a quen lle estaba cantando Uxía.




















lunes, 19 de febrero de 2024

RECREOS DE TALENTOS

Non paran de chegar novidades á nosa biblioteca! Nesta ocasión toca falar de:


a través desta proposta o alumnado poderá amosar talentos de diferente tipo ao resto dos seus compañeiros e compañeiras. Deste xeito poderá dar a coñecer actividades e aficcións aos seus iguais, ao tempo que favorecen o desenvolvemento de algo tan fundamental como é o seu autoconcepto e autoestima. Para este mes de febreiro xa hai programadas dúas actividades: unha exhibición de baile e un concerto.




 

MERGULLÁMONOS NO OCÉANO DOS LIBROS

Comezamos a semana na biblioteca de Tintón cunha actividade moi especial: o club de lectura "Océano dos libros". O alumnado participante na actividade recibiu como agasallo de benvida unha bolsa que contiña a lectura que será obxecto de análise no club, un caderno, un marcapáxinas e material funxible.

 

A obra escollida para iniciar o club de lectura é un libro de banda deseñada titulado  "Microalgas", da autora Xulia Pisón. A primeira actividade realizada foi observar a portada e a contraportada e a partir de aí houbo unha choiva de ideas sobre a temática que podía ter o libro. O alumnado amosouse moi participativo e foron xurdindo temas como a catástrofe ecolóxica do Prestige, a figura de Man de Camelle, os vertidos de pelets, etc. 

Tamén se abordaron cuestións relativas aos obxectivos que podería ter o club de lectura, cales son as súas expectativas, etc.

Estaba previsto elaborar un cartaz para crear un  recanto propio  do club de lectura na biblioteca.... pero o tempo pasou voando e queda pendente para a próxima sesión.



































jueves, 8 de febrero de 2024

 PRIMEIRA SESIÓN DO RECREO DE EXPERTOS/AS: TALLER DE MÁSCARAS.



O pasado 6 de febreiro tivo lugar o primeiro "Recreo de expertos" na biblioteca do polbo Tintón. Nesta ocasión, dada a proximidade do Entroido, as alumnas de 4º de Educación Primaria Daniela, Dunia e Elena impartiron un taller de máscaras.

As nenas comentaron que lles gustan moito as manualidades e que cando viron a convocatoria do "Recreo de expertos" animáronse a apuntarse para dar un obradoiro de manualidades, concretamente para elaborar máscaras de Entroido.

Durante a realización do taller foron proporcionado axuda e orientacións ao alumando que quixo facer as súas máscaras. Tanto Daniela como Dunia e Elena indicaron que o obradoiro estaba indo moi ben e que lles estaba a resultar unha experiencia positiva e interesante.

Na seguinte presentación podedes ver  fotos  do desenvolvemento e o resultado desta actividade.








domingo, 4 de febrero de 2024

RECREOS DE EXPERTOS / AS

Na nosa biblioteca seguimos a ter novidades que contarvos!



Nesta ocasión trátase dunha actividade que se desenvolverá durante o tempo de lecer do noso alumnado.  Entre os obxectivos desta proposta destacan:

  • Promover unha maior interrelación entre as nenas e nenos de diferentes cursos.
  • Favorecer o coñecemento mutuo entre alumnado con intereses e inquedanzas comúns.
  • Reforzar a autoestima daqueles nenos e nenas que se animen a participar nesta actividade.
  • Dinamizar o tempo de lecer do noso centro en xeral e do espazo da biblioteca en particular.
Non perdades de vista este blog nin as nosas redes sociais, pois iremos ampliando información sobre esta nova proposta.





 

viernes, 2 de febrero de 2024

CLUB DE LECTURA "OCÉANO DOS LIBROS" 


Na biblioteca do polbo Tintón comezamos o ano cunha nova actividade: o club de lectura "Océano do libros". Está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Está previsto que o club se reúna unha vez ao mes para intercambiar impresións arredor das dúas lecturas previstas:

"Microalgas. O mundo oculto", da autora Xulia Pisón.


"Mamá, quero ser Ziggy Stardust", escrito por Iria Misa e con ilustracións de Alba Barreiro.





MES DAS CIENCIAS NA BIBLIOTECA DE TINTÓN Durante o presente mes de novembro celébrase o Mes das Ciencias e na biblioteca do polbo Tintón est...